Rss Feed
  1. TERRAS DE SALITRE - MUSEO DO MAR DE VIGO

    domingo, 11 de novembro de 2018

    O venres 2 de novembro, o alumnado de 1º ESO e 2º ESO realizaou unha visita a Vigo. A súa primeira parada foi Afundación. Alí visitaron a exposición Terras de Salitre e puideron descubrir moitas cousas sobre a contaminación, sobre a illa de plástico do Pacífico e sobre o quecemento global.




    Despois, puxeron rumbo ao Museo do Mar de Vigo. Alí puideron ver a sala onde está exposto o submarino de Sanjurjo Badía e os carteis de La Industriosa, moi relacionado todo cos dous libros que están lendo para a Feira: Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (1º ESO) e Cando Verne amarrou en Vigo (2º ESO).


  2. 0 comentarios:

    Publicar un comentario