É tempo de Samaín e, como tódolos anos, o noso Equipo de Dinamización da Lingua traballou arreo para prepararnos un escenario de medo. Velaquí temos as imaxes que o corroboran:
Paralelamente, o Equipo de Biblioteca organizou o concurso Sopa terrorífica, no que o noso alumnado de 1º ESO tivo que exprimir os sesos para formar palabras relacionadas co Samaín. Aquí temos ao equipo gañador durante a entrega de premios: Iago, Martiño, Damián e Alexandre. Noraboa!!
E coas Matemáticas e o Geogebra tamén podemos participar no Samaín. Velaí o que fixo o noso alumnado de 1º ESO coa aplicación Geogebra:

0 comentarios:
Publicar un comentario