Lecturafilia únse á nosa II Feira. Aquí vos presentamos a voz desta web.
Tensi Gesteira é graduada en periodismo pola Universidade de Santiago de Compostela, e creadora do blog de literatura Lecturafilia, onde publica reseñas de libros, tanto en galego como en castelán, ademais de entrevistas con autores/as e demais xentes relacionadas co mundo cultural. Moi interesada en ver o mundo con outra mirada, nos últimos tempos interesouse pola literatura e as reflexións relacionadas co feminismo.
Actualmente desempeña a súa actividade laboral no gabinete de comunicación do concello de Bueu, e nos seus tempos de lecer goza moito lendo acompañada dun bo té verde. O seu lema é ler é vivir dúas veces.
Aquí vos deixamos a súa primeira reflexión sobre a II Feira da Ciencia e da Literatura. Agardamos que vos guste.
A
señorita Bubble
Recoñece
Ledicia Costas que de pequena lía moitos libros, que gustaba de
xogar coas palabras, darlles a volta e poñelas do revés, aprender
termos novos cada día. Por iso non resulta estraño descubrila nesas
historias que crea nas que a maxia e as personaxes entrañables están
moi presentes.
Comezamos
a quentar motores para a II Feira da Ciencia e da Literatura, que se
celebrará o 4 de maio e na que, como xa saberedes, queremos
reivindicar o papel das mulleres na ciencia e na literatura, e nada
mellor que comezar, pois, presentándovos A
señorita Bubble, un libro
infanto-xuvenil de Ledicia Costas no que se presenta a dúas irmás
que van ao colexio e que esquecen devolver un libro á biblioteca,
motivo polo que son castigadas polas súas profesoras. Debido a iso
deciden fuxir da escola e no camiño atópanse cunha personaxe
extravagante: Lady Bubble, unha muller que as levará á súa morada
para ensinarlles os seus inventos.
Lady
Bubble é unha muller adiantada ao seu tempo e nela danse todas as
ideas que desde sempre estiveron detrás da ciencia: a súa rareza e
a oposición dalgúns sectores da sociedade. E é que toda a vila
está en contra dela dado que se rumorea que na súa casa come á
rapazada. Mais, o que pouca xente sabe ou se molestou en coñecer é
que Lady Bubble ten unha serie de obxectos e de mecanismos cos que
pode levar sorrisos ou choros ás persoas, amais de crear larpeiradas
ben saborosas.
Noa
e Sofi, as dúas irmás descobren a maxia da ciencia e da humanidade
na casa da señorita Bubble, na que tamén terán a oportunidade de
facerse amigas de Vincent, ese neno co corazón debilitado e para o
que a muller crea unha solución, ou a gata e a cobaia. Quizais, onde
mellor se expresa esa emoción sentida ante a descuberta é cando se
abre a porta:
“-Ábrete,
Sésamo!
E
tan pronto a señorita Bubble pronunciou esas palabras, as portas
metálicas abríronse, mostrando todo un mundo onde a ciencia e a
tecnoloxía latían coa forza dun corazón mecánico”.
Acompañada
dunhas marabillosas ilustracións a cargo de Andrés Meixide, esta
historia resulta un exemplo evidente de como a ciencia e a literatura
teñen moito en común. Non en van, as dúas irmás aman a lectura e
tamén ese mundo que descobren da man da señorita Bubble, moi
apegado á ciencia e ao seu sentir. Aínda que tamén hai espazo para
a reflexión sobre o mundo infantil, ese mundo ignorado moitas veces
polas persoas adultas e que nos ten tanto que ensinar, ademais dunha
defensa da manifestación dos sentimentos, é dicir do dereito a rir
e a chorar. E, como non, onde as nenas teñen un protagonismo
esencial, aspecto moi a reivindicar aínda hoxe en día.
En
definitiva, non podedes deixar de ler A
señorita Bubble, historia da que
gozaredes tanto pequen@s como maiores, pois a maxia e a aventura non
ten idade.
Seguimos
camiñando cara a II Feira da Ciencia e da Literatura,
acompañádesnos?
Ficha
técnica
Título:
A señorita Bubble
Autora:
Ledicia Costas
Editorial:
Xerais
Ano
de publicación: 2017
Número
de páxinas: 168
A
globalización vista dende a viaxe dun chaleco
Credes
no poder das persoas? Pensades que é posible mudar o mundo con
pequenas accións? O libro de La
vuelta al mundo de un forro polar rojo,
do autor alemán Wolfgang Korn
demóstranos que si, que as persoas temos máis poder do que cremos,
e fainos tomar conciencia de que as
nosas decisións sempre teñen repercusión na sociedade.
Continuando
coa aposta da II Feira da Ciencia e da Literatura polos libros que
unan estas dúas disciplinas, hoxe presentámosvos un libro moi
potente e orixinal, sobre todo porque é quen de falarnos da
globalización
e do que esta simboliza aproveitando a
viaxe dun chaleco vermello polas diversas partes do mundo,
desde que se fabrica ata que alguén o merca por catro patacóns. O
que se nos vén a dicir é que hoxe en día todo o mundo está
conectado, o que ten vantaxes mais tamén inconvenientes.
Comecemos
polo inicio. O termo globalización deriva de globo, unha esfera que
recrea o noso planeta e no que están representados todos os países
e mares. O profesor de economía Theodore
Levitt, americano nacido en Alemaña, acuñou en 1983
este termo que describe ata que punto toda a actividade económica do
mundo é interdependente hoxe en día, dunha forma nunca antes vista,
na que están en xogo obxectos, moda, música, diñeiro e, non o ides
crer, ata ideas. Así, de boas a primeiras, o termo semella moi
positivo para o ser humano, pero non todo é ouro o que reloce, pois
a globalización está levando a un empobrecemento
dos países subdesenvolvidos e un
enriquecemento dos grandes poderes económicos que se aproveitan da
situación. A iso hai que sumar a unificación
de pensamento á que tende a sociedade,
dado que desde grandes bloques como Estados Unidos trasládase que a
súa cultura e idioma son os únicos válidos, e desvirtúanse as
tradicións doutros pobos, sobre todo dos africanos, idea que se
desenvolve máis polo miúdo en Los
peligros de la historia única, de
Chimamanda Ngozi Adichie.
E
no medio deste avance das sociedades, o autor convídanos
a realizar as nosas pequenas revolucións,
con exemplos de persoas que apostan por instalar placas solares nas
súas vivendas ou por mercar no comercio xusto. Precisamente esa
humanización do contido e o estilo divulgativo fan deste libro un
manual imprescindible para iniciarse no que significa a globalización
e a responsabilidade que as persoas temos como catalizadores
dun cambio que ten que darse desde
abaixo.
Por último, e dado que esta feira pretende
destacar o papel das mulleres, quixera facer unha mención á
perspectiva feminista que está presente nalgunhas partes do relato,
pois o autor é consciente, e así nolo transmite, de que as mulleres
teñen unha loita máis dura ao partiren de situacións máis
desfavorecidas. E senón pensemos nas
fábricas de Bangladesh nas que traballan miles de mulleres,
sometidas a condicións estremas e salarios ínfimos. Elas cosen sen
parar roupa que nace de explotación e que se vende a prezos
baratísimos neste primeiro mundo.
Ficha técnica
Título: La
vuelta al mundo de un forro polar rojo
Autor: Wolfgang
Korn
Editorial:
Siruela
Año de
publicación: 2017
Número de
páginas: 135
0 comentarios:
Publicar un comentario