Suxestións de ocio e cultura para esta fin de semana no Morrazo, Vigo e Pontevedra
Para toda a familia
PONTEVEDRA_CONTOS. O venres ás 18h na Biblioteca Pública de Pontevedra poderedes gozar do taller "A Óptica nas Ciencias". Cómpre inscribirse con antelación.
PONTEVEDRA_TEATRO. O sábado ás 17.30h no Museo de Pontevedra celébrase un taller lúdico e educativo: "O bestiario medieval". Trátase dunha actividade na que os nenos e nenas crearán o seu propio bestiario a imitación dos medievais. Aquí podedes consultar máis información!
PONTEVEDRA_TEATRO. O domingo ás 18.30h continúa no Pazo da Cultura de Pontevedra o Festival das Cóxegas co espectáculo Zaquizamí da compañía Roberto G. Alonso. Danza infantil e familiar onde xoguetes e trastos abandonados nun faiado cobran vida e fan dos seus defectos, virtudes. Un canto á diversidade, á solidariedade e ao espírito de superación.
VIGO_OS BOSQUINENOS. O sábado Os Bosquinenos estarán na praia A Fontaíña en Vigo. Trátase dun novo encontro centrado nas aves hibernantes, podedes ver máis información aquí, incluídos os próximos encontros de dicembro! E aquí cóntovos un pouco máis sobre Os Bosquinenos!
VIGO_MÚSICA. O sábado ás 12h na Biblioteca Pública de Vigo as crianzas a partir de 3 anos poderán participar no taller en inglés "Circus is coming to town!" Obradoiro e xogos en inglés, baseados no mundo do circo.
VIGO_TEATRO. O domingo ás 18h no auditorio do Concello de Vigo poderedes gozar do espectáculo "Redondo" de Caramuxo Teatro. Un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas. A Mr. Round encántanlle todos os obxectos redondos, cada día sae á rúa na procura dos máis curiosos obxectos con forma esférica, obxectos que agochan dentro unha morea de historias por descubrir…
VIGO_TEATRO. O domingo ás 18h no Palacio de Congresos Mar de Vigo estará o musical La Bella y la Bestia.
CONCERTOS
Loquillo - Gira Salud & Rock´N´Roll
Data: 25 de novembro de 2017
Sen dúbida, Loquillo é a personificación da rock star española. Tipo duro de aspecto impoñente.
Ladrones de libertad
Lugar: Casa del Libro - Vigo
Data: 25 de novembro de 2017
Club de lectura xuvenil, coordinado por Pablo García Freire. A lectura sobre a que tratará esta sesión é LADRONES DE LIBERTAD,
Dj Frank Seventy
Lugar: Tipo X - Vigo
Data: 25 de novembro de 2017
Sesión "Sonido Philadelphia", con grupos como Tranmps, Harold Melvin & The Blue Notes, Billy Paul ou Soul Survivors.[ler +]
Día Mundial do acordeón
Lugar: Auditorio da S.C.D.R.Helios de Bembrive - Vigo
Data: 25 de novembro de 2017 a partir de las 19 horas.
Ballet de Moscú - El lago de los cisnes
Lugar: Centro Cultural Afundación - Vigo
Data: 26 de novembro de 2017
Ballet de Moscú con "El lago de los cisnes" de Piotr I. Tchaikovsky, unha das composicións máis apreciadas de todos os tempos.
La Cenicienta. La magia del musical
Lugar: Centro Social Afundación - Pontevedra
Data: 26 de novembro de 2017
"La Cenicienta. La magia del musical" chega á Sede Afundación de Pontevedra. Toda a familia poderá vivilo.
OTROS
Tui vístese de negro
Lugar: Concello de Tui - Tui
Data: do 22 ao 26 de novembro de 2017
Tui vestirase de negro do 23 o 26 de novembro en sinal de dó por todas as mulleres que sofren violencia de xénero. [leer +]
TEATRO
El cafecito con pastas
Lugar: Auditorio da Asociación Veciñal Emilio Crespo de Navia - Vigo
Data: 26 de novembro de 2017
Grupo La Farándula presenta "El cafecito con pastas" de Majo Villar. Dirixida por Alejandra Abreu.
ESPECTÁCULOS
Maxia Pola Igualdade - Fani Triana
O 26 de novembro ás 18h teremos no Auditorio Lois Tobío o espectáculo Maxia pola igualdade a cargo da ilusionista Fani Triana.
CONCERTOS
Libertango
Lugar: Sala SalaSon - Cangas de Morrazo
Data: 26 de novembro de 2017
Presentación do seu novo disco Xeites.
EXPOSICIónS
Vincent Bertholon - Cuadernos de viaje
Lugar: Alliance Française de Vigo - Vigo
Data: do 30 de outubro ao 27 de novembro de 2017
0 comentarios:
Publicar un comentario