Que relación existe entre a novela Septiembre puede esperar, de Susana Fortes, e a criptografía? Poderás descubrilo entre as súas páxinas...
Durante a lectura de Septiembre puede esperar de Susana Fortes, coñecemos a enigmática historia de Emily J. Parker, escritora e membro do Servizo de Intelixencia inglés durante a Segunda Guerra Mundial. A súa historia levounos a preguntarnos sobre o papel da muller nos conflictos bélicos.
Cando pensamos no papel das mulleres na Historia da espionaxe, adoitan virnos á cabeza nomes recorrentes como o de Mata Hari, que no imaxinario colectivo encaixan co arquetipo da muller fatal, usando as súas habilidades sexuais para obter información, pero o certo é que a maioría das mulleres espías que participaron nas dúas Guerras Mundiais non encaixan, nin de lonxe, con dita categoría. Por iso, hoxe imos falar das outras, das que escribían mensaxes ocultos nos nós do punto. Mulleres anciás tecendo en lugares de escoita e codificando mensaxes a través das puntadas. Mulleres que coñecían e desenrolaban durante a guerra unha linguaxe en código a través das posicións das súas agullas de tecer. Esta é a historia do idilio pouco coñecido entre o ganchillo e a espionaxe.
A arte de recopilar información no tecido non é algo novo. Debido a que ás mulleres se as animaba a tecer calcetíns, sombreiros e pasamontañas para os soldados durante os conflictos bélicos como a Guerra Civil Americana e as Guerras Mundiais, o traballo de tecedora era unha tapadeira facilmente utilizable para as mulleres espías. En rWriting Secret Codes and Sending Hidden Messages, Gyles Daubeney Brandreth e Peter Stevenson aseguran que despois de que o código Morse fora inventado, pronto se caiu na conta de que a corda e o fío se adaptaban ben a este código no que un nó de lazo ordinario equivaldría a un punto e un nó en forma de oito a un guión. Porque se as mensaxes debían ser de baixa tecnoloxía, o tecido era un soporte ideal xa qque cada prenda de punto está feita de diferentes combinacións de só dous puntos: unha puntada lisa parecida a unha v e unha puntada similar a unha liña horizontal. Así, ao facer unha combinación específica de tecidos de punto e púas nun patrón predeterminado, as espía poderían pasar un pedazo de tea personalizada e ler a mensaxe segreda inxerida en calquera bufanda ou gorro (http://blogs.publico.es/strambotic/2017/06/ganchillo-war/).
Eta valiosa información do papel da muller nos conflictos bélicos nos levou a pensar como podiamos contribuír as mulleres de hoxe á resolución dos conflictos que nos rodean. Pensamos que como biblioteca solidaria debiamos axudar aos máis necesitados e xurdiu a idea: teceriamos bufandas para nenos refuxiados. Unhas bufandas que levarán escritas en código Morse a palabra PAZ. Pareceunos importante facer partícipes a todos os membros da comunidade educativa e empezamos invitando á ANPA a tecer. O resultado desta iniciativa é o reflexo das seguinte imaxe da ANPA: Septiembre puede esperar e a primeira bufanda solidaria.
0 comentarios:
Publicar un comentario