sábado, 1 de xullo de 2017

O noso Guernica na TVG

Hai xa dúas semanas, cando estabamos a piques de rematar o mural, a TVG amosou interese polo noso proxecto e achegouse a Bueu para coñecelo e entrevistar aos autores.

O resultado emitiuse no telexornal mediodía e serán.
Por problemas técnicos, nese intre non fomos quen de reflexalo neste blog, pero facémolo agora para lembrar o momento en que toda Galicia puido contemplar o Guernica de Bueu.


Galicia Noticias Mediodía

Alumnos de Bueu realizan a súa versión do 'Guernica'

Publicado o 16/06/2017 14:30
Premendo no seguinte enlace poderedes acceder á noticia:
Alumnos de Bueu realizan a súa versión do 'Guernica'. Conmemoran o 80 aniversario do cadro de Picasso tomando como referente o drama dos refuxiados que tratan de chegar fuxindo da guerra.

Son alumnos de 1º e 2º da ESO do IES Johan Carballeira que están realizando a súa reinterpretación do "Guernica". Contaron coa axuda dun ilustrador que lles deu consellos e explicoulles como realizar parte do traballo artístico.

Os mozos pintaron o mural, duns 30 metros, do cadro de Picasso tomando como referencia o drama dos refuxiados que tratan de chegar a Europa fuxindo da guerra e da pobreza.

Os mozos dividiron o deseño en varias partes. 
Pouco lles queda para rematalo, tan só falta perfilar o cadro.

Galicia Noticias Serán

Alumnos de Bueu conmemoran o 80 aniversario do 'Guernica' reinterpretándoo cun cadro na honra dos refuxiados

Publicado o 16/06/2017 20:58
Premendo no seguinte enlace poderedes acceder á noticia:
E precisamente conmemorando o 80 aniversario do 'Guernica' de Picasso, alumnos de Bueu están facendo unha nova versión, do cadro. Pintaron un mural, duns 30 metros, tomando como referencia o drama dos refuxiados que tratan de chegar a Europa fuxindo da guerra e da pobreza. Coa axuda dun ilustrador, os alumnos de 1º e 2º da ESO do IES Johan Carballeira, xa están rematando este traballo artístico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario