sábado, 25 de febreiro de 2017

E ti, onde vives?

Seguimos avanzando paseniñamente no noso proxecto Entre Rúas.

Despois da procura dos cadrados perfectos por parte dos alumnos de 1º ESO, e do encontro co alcalde dos alumnos de 2º ESO, que xa vos contamos en anteriores entradas deste blog, agora son os alumnos de 2º Bacharelato C os que reclaman a súa pequena ración de protagonismo.

Eles realizaron como traballo para a materia de Matemáticas Aplicadas unha enquisa na que trataban de averiguar o lugar de residencia do alumnado do centro.

Os resultados da súa investigación recóllense nos seguintes gráficos:





Ningún comentario:

Publicar un comentario