Ben sabedes que hai unhas semanas tivemos a sorte de ter connosco no instituto a Ángel Carracedo e a Loli Beloso.
A escritora contounos como os beneficios da venda dos seus libros se adican á Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica que dirixe Ángel Carracedo.
Dende a Biblio queremos apoiar este proxecto tan importante, e para elo, decidimos adquirir libros de Loli Beloso cos que poidamos agasallar como regalo institucional do centro, a todos os que veñan impartir charlas e obradoiros no Johan Carballeira.
Loli Beloso non só escribe, para recadar máis fondos para a Fundación, tamén fabrica xoias solidarias con fragmentos de cerámica de Sargadelos do exilio que Díaz Pardo fabricou en Arxentina en 1956. Durante estas semanas estiveron algunhas das xoias expostas na vitrina da entrada do centro. Agasallos que nos axudan a coñecer a nosa historia e que posibilitan a investigación na nosa terra... nada pode ser mellor!
-
A Biblio coa Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica
mércores, 10 de abril de 2019
Publicado por Sofía ás 09:42:00 | Etiquetas: Biblioteca Solidaria, Biblioteca., II Feira Ciencia y literatura Bueu | Enviar por correo electrónico BlogThis! Compartir en Twitter Compartir en Facebook |
0 comentarios:
Publicar un comentario