Como recordaredes, o curso pasado celebramos o Día Internacional da Paz reinventando o Guernica .
A actividade consistiu nunha reinterpretación do cadro de Picasso, O Guernica, na que cada un dos elementos principais foi substituído por unha colaxe realizada a partir de imaxes que suxiren o significado que o autor lles quixo dar ou fan referencia ao tema da guerra e a paz.
O alumnado de FPB de Fabricacón e Montaxe, da man do seu titor Iván Villalba, colgou o noso Guernica na sala de titorías .
Este é o resultado
Moitas grazas
Todo o alumnado do centro, dende as súas respectivas titorías, colaborou na súa elaboración recompilando as imaxes de recheo.
Algúns tamén axudaron a facer os moldes dos elementos principais que servirían despois de base para a colaxe e outros botaron unha man compoñendo, recortando ou pegando.
O sorprendente resultado final pódese apreciar no panel central da exposición.
0 comentarios:
Publicar un comentario