Suxestións de ocio e cultura para esta fin de semana no Morrazo, Vigo e Pontevedra
PONTEVEDRA_TEATRO.
O domingo comeza no Pazo da Cultura de Pontevedra o ciclo Domingos do Principal co espectáculo "Universario" de Marcel Gross. Un espectáculo de clown no que Marcel Gross salta coas letras e os obxectos, pensado para nenos e nenas a partir de 3 anos. Podedes ver toda a información sobre este bonito festival de teatro aquí. As funcións son o domingo ás 12 e ás 18.30h.

BUEU- TEATRO
O sábado no Centro Social do Mar represéntase a obra "Nacidas libres", de Contraproducións. Trátase dunha peza de Cándido Pazó dirixida por Cristina Domínguez que, en clave de humor e por medio da voz de varias monxas/actrices, trata temas como a condición de vida das mulleres en diferentes culturas, a liberdade, a relixión ou a emigración. Será ás 21:00 h e a entrada custa 3 euros.

VIGO_CONTOS
O venres ás 18 h na Biblioteca Xosé Neira Vilas de Vigo haberá unha nova sesión de "Entre arrolos e contiños" para os máis pequerrechos e pequerrechas da casa.

O sábado ás 12 h na Biblioteca Pública de Vigo estará Iago López co contacontos "Martiño e o misterio das cenorias desaparecidas", para nenos e nenas a partir de 3 anos.

VIGO_MUSICAL
O domingo ás 17h no Palacio de Congresos Mar de Vigo estará o musical benéfico Mary Poppins. Trátase dunha adaptación da famosa película organizada pola Asociación Aboal de Vigo. Os beneficios obtidos irán destinados á Asociación Española contra la Meningitis e ao Banco de Alimentos. Podedes comprar as entradas aquí.
Ilustración by Emmanuelle Colin
0 comentarios:
Publicar un comentario