Rss Feed
  1. INMA LÓPEZ SILVA NO JOHAN CARBALLEIRA

    miércoles, 31 de mayo de 2017


    O xoves 25 de maio tivemos a sorte de compartir unha sesión de clase con Inma López Silva, autora de Memoria de cidades sen luz da editorial Galaxia, libro lido polo alumnado do 1º de bacharelato neste trimestre.

    Belén Otero, alumna de 1º C, fixo unha breve presentación da autora e esta explicounos como se lle ocorreu a idea de escribir unha novela sobre a Guerra Civil e a ditadura franquista, por mor do secretismo que sempre houbera na súa familia sobre o tema, a pesar de ter parentes directamente implicados.

    A continuación abrimos o coloquio, no cal a autora respondeu moi amablemente as preguntas que lles fomos facendo sobre os personaxes, o proceso de escrita e documentación, os seus libros favoritos ou os seus referentes cinematográficos. Tamén nos contou algunha anécdota sobre os seus comezos como escritora adolescente, cando coñeceu a Carlos Casares.

    Foi unha oportunidade inesquecible de coñecer directamente unha escritora e de descubrir con ela todo o que hai detrás da creación literaria e do mundo dos libros.

    Desde aquí reiterámoslle o noso agradecemento por vir.

    Se queredes saber máis, velaquí tedes o enlace á
    páxina web da autora.








    Reacciones: 
    |
    |


  2. 0 comentarios:

    Publicar un comentario