Rss Feed
  1. Os alumnos dos institutos de Bueu participan estes días nun obradoiro de regueifas que culminará nun concurso entre todos os rapaces do Morrazo.


    Afondar no coñecemento do galego, aprender a rimar practicando as rimas e a métrica e fomentar a imaxinación son algúns dos obxectivos desta actividade.


    Os regueifeiros Pinto de Herbón e Luís O Caruncho, que levan preto de 15 anos impartindo obradoiros coma este, estiveron na nosa biblioteca ensinando aos rapaces a improvisar as rimas partindo dalgunha palabra base.


    Nesta Operación Regueifa irán escollendo os mellores para concursar nunha final de todo o Morrazo en Cangas. 


    Na reportaxe emitida pola TVG no telexornal do mediodía do pasado 27 de abril, os rapaces do noso instituto comentan como gozaron da experiencia e recoméndana a todos os cativos.


    Preme no enlace para dirixirte á reportaxe da TVG:

    Reacciones: 
    |
    |


  2. 0 comentarios:

    Publicar un comentario