Rss Feed
  1. Unha biblioteca solidaria

    venres, 10 de febreiro de 2017


    A nosa biblioteca segue practicando a solidariedade e colaborando con outras bibliotecas escolares e axencias de lectura.

    A última destas cooperacións tivo lugar o pasado venres 27 de xaneiro. A axencia de lectura de Meiro, que coordina o noso voluntario Daniel Durán, celebrou nesa data o colofón final aos actos de conmemoración do IV centenario do falecemento de Cervantes.

    As actividades consistiron na inauguración da exposición "Miguel en Cervantes", cedida pola nosa biblioteca, xunto coa representación teatral por parte de dous alumnos do centro dun fragmento da súa obra de máis sona: El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha.

    Ademais, os espectadores puideron asistir a un recital poético de escritores de producción posterior a 1975, no que participaron poetisas e poetas coma Míriam Ferradáns, Lucía Novas e Luís Chapela, e incluso veciños do lugar de Meiro, invitados e alumnos e profesoras do IES Johan Carballeira, coma Seso Portela, Ángel Vieites, Mireia Coya, Marián Garrido, Lourdes Garrido, Uxío, Fernando Miranda, Daniel Durán ou a pequena Neves.

    Tamén se escoitou a voz en directo de Sara Piñeiro, acompañada da súa guitarra.

    Deixámosvos a reportaxe fotográfica dos actos, e o vídeo de presentación que se enviou dende a biblioteca:


    Exposición sobre iconografía popular de El Quijote (cedida pola biblioteca escolar do IES Johan Carballeira)





    Representación dun fragmento de El Quijote















  2. 0 comentarios:

    Publicar un comentario