Rss Feed
  1. Chegan boas noticias dende Cambados. Un ano máis, O IES Francisco Asorey, co patrocinio do Concello de Cambados, convocou o Premio Literario “Cambados, Mar de Letras”; xa van cinco edicións.

    Todas as lectoras e lectores deste blog estarán pensando agora cales son esas boas noticias. Pois resulta que tras coñecer o fallo do concurso, entre as persoas premiadas aparecen varias do noso centro, o IES Johan Carballeira. Parabéns! Estamos desexando ler as obras agraciadas.






    Dende a Biblioteca sempre nos alegramos de todas as actividades que teñen relación cos libros e a escritura. Lamentamos a mala calidade das fotos, pero o que non lamentamos é o anuncio das persoas premiadas; o orgullo que nos enche é enorme.

    • Iago Álvarez Cabodevila (1.º Bacharelato C) foi agraciado co primeiro premio na modalidade de poesía, por 'Errar e non poder levantar'.
    • Raquel Martínez Badea (1.º Bacharelato C) foi agraciada co primeiro premio na modalidade de relato curto por 'Querido papá'.
    • Ademais, no libro conxunto que se publicará a modo de recompilación tamén aparecerá o relato 'Volve, Ada' de Nuria Estévez Rodríguez (1.º Bacharelato A).


  2. 0 comentarios:

    Publicar un comentario