Rss Feed
  1. Concurso de debuxo

    xoves, 17 de novembro de 2022

    Non todo nesta vida vai ser ler. Tamén temos que deixar oco, por exemplo, para practicar as nosas habilidades pictóricas. É así que o Club de Lectura do IES Johan Carballeira, coa colaboración do Departamento de Artes Plásticas, organiza este mes un concurso de debuxo.

    Como? Que non se che ocorre ningunha idea? Tranquilidade, tes tempo: o prazo de participación remata o mércores 14 de decembro

    Ademais, para canalizar toda esa creatividade que pugna por saír ao mundo, neste concurso debes inspirarte nun libro, cómic ou manga para realizar o teu debuxo. 

    E só hai outra condición, e é que o orixinal ten que facerse nun folio de tamaño A4.




    E aínda que o goce do proceso é satisfacción máis que suficiente para lanzarse a debuxar, nesta ocasión, hai premios. Si, efectivamente, os tres mellores debuxos levan premio (que será?). Comparte o teu talento e anímate a participar!

  2. 0 comentarios:

    Publicar un comentario