Dende 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO dende 1993.
Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a Non Violencia e a Paz.
O lema deste día é:
"Amor universal, non-violencia e paz. O amor universal é mellor que o egoísmo, a non-violencia é mellor que a violencia e a paz é mellor que a guerra."
Dende o IES Johan Carballeira quixemos conmemorar este día facendo unha serie de actividades. Para iso, contamos coa colaboración do alumando de 6º de primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra.
Mulleres premio Nobel da Paz. O noso alumnado de 1º ESO e o alumnado do CEIP A Pedra traballaron na biblio para elaborar os paneis sobre as mulleres que ata o de agora gañaron o Premio Nobel da Paz.
O resultado deste traballo conxunto podémolo ver no primeiro andar do noso centro, onde o alumnado de 1º ten as súas aulas. Velaquí o resultado:
A paz nas túas mans. O noso alumnado de 1º e o alumnado de 6º do CEIP A Pedra deixaron as súas pegadas no taboleiro da entrada.
Frases para reflexionar. Dende o EDLG prepararon un vídeo con frases para reflexionar sobre este día, que visionamos na tele da entrada e que tamén puido ver todo o alumnado do centro durante o recreo.
En definitiva, un día moi agradable para todos e todas. Grazas por participar!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario