sábado, 1 de abril de 2017

Axenda fin de semana do 31 de marzo ao 2 de abril de 2017

Suxerencias de ocio e cultura para esta fin de semana no Morrazo, Vigo e Pontevedra

 

XIX ENCONTRO-DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO
LUGAR: Casa da Aldea de Meiro
DATA: 31 de marzo, 1 e 2 de abril

O 31 de marzo e o 1 e 2 de abril celébrase en Meiro o XIX Encontro-Degustación do Millo Corvo que inclúe a seguinte programación:
VENRES, 31 DE MARZO:
18.00 horas: Muiñada nos Muíños do Canudo, con queimada a partir das 22 horas

SÁBADO, 1 DE ABRIL:
11.30 horas: apertura da Ecotaberna, e exposición e venda de produtos naturais e orgánicos
11.30 horas: presentación do libro Bienaventurada la maleza porque ella te salvará la cabeza. Usos de 113 plantas silvestres de los campos norteños, de César Lema Costas, Doutor en Bioloxía
13.00 horas: Obradoiro elaboración de leite e paté vexetais, a cargo de A Despensa na terra
14.00 horas: actuación do grupo tradicional Os demos do buraco
16.00 horas: obradoiro de encaixe de horquilla, a cargo de Fina Carrillo
17.00 horas: charla louta vespa velutina Morrazo, e degustación de mel, a cargo da Delegación da Asociación Galega de Apicultura no Morrazo
18.00 horaS: obradoiro demostrativo cociña mexicana e elaboración de tamales, tacos e tlacoyos, co grupo de cociña mexicana "México lindo"
19.00 horas: obradoiro demostrativo de elaboración de queixo de cabra e degustación a cargo da Asociación Meixoeira X. Coop. Galega
20.00 horas: presentación de produtos elaborados con Sabugueiro e cata de cervexxa e licor, a cargo de Carabuñas
21.00 horas: actuación do grupo de pandereteiras Lagharteiras

DOMINGO, 2 DE ABRIL:
11.30 horas: apertura da Ecotaberna, e exposición e venda de produtos naturais e orgánicos
12.00 horas: obradoiro de requeixo e iogures con leite de cabra, a cargo de Meixoeira S. Coop. Galega)
13.00 horas: presentación do libro Misión Gallástegui, de Alberte Portela Vázquez, presidente de Hisvega, e Académico de ACVG
14.00 horas: actuación do grupo folk Zanfonas Os Chavellos
17.00 horas: encontro de Consumo responsable, iniciativas e experiencias de diversos grupos da comarca
18.00 horaS: encontro Slow Food Convivium Galicia Xantar Devagar e obradoiro de papas de çoleo de millo corvo, a cargo de Encarna Otero
19.00 horas: actuación da agrupación folk Pes na rúa

ARGOCHARLA: MARKETING MUSICAL, COMUNICACIÓN E IMAXE
Cartel argocharla marketing musical
LUGAR: Sede Argo Navis
HORARIO: 21.00 horas
PRECIO: Entrada libre

A sede de Argo Navis acolle o 31 de marzo ás 21.00 horas a Argocharla "Marketing musical, comunicación e imaxe", que vai destinada a ofrecer as claves para que un/unha artista poida crear e manexar a súa imaxe.
A charla contará coa presenza de Bea Camiña, graduada en Produción de audiovisuais e espectáculos, e actualmente dedicada á comunicación e prensa de proxectos culturais. Cunha clara vocación polo mundo que hai detrás da música, colaborou en diversos proxectos tanto como freelance, como en axencia creativa levando a cabo plans de medios e comunicación, community management, estratexias online, prensa e PR 2.0… Socia fundadora de Moucho Records, un pequeno selo 360º, no que realiza as tarefas de management e promoción.

ACTO CONMEMORACIÓN DÍA DAS ARTES GALEGAS, MARUJA MALLO
LUGAR: Casa do Pobo de Beluso
HORARIO: 18.00 horas
PRECIO: Entrada libre

O 1 de abril, a Casa do Pobo de Beluso acolle un acto de celebración do Día das Artes Galegas, que este ano se lle dedica a Maruja Mallo. A Deputación de Pontevedra quere conmemorar a vinculación que a pintora tivo con Bueu, polo que ás 18 horas haberá un contacontos para público familiar a cargo de "Polo correo do vento". A continuación, en torno ás 19 horas, desenvolverase un acto institucional, no que intervirán Félix Juncal, alcalde de Bueu, Xosé Leal, deputado provincial de Cultura e Lingua, e Carlos López Bernárdez, historiador de arte e experto en Maruja Mallo.
Ambas actividades son abertas ata completar as 200 butacas de aforo do salón de actos da Casa do Pobo.
PROXECCIÓN CINECLUB: EL CIUDADANO ILUSTRE
  el_ciudadano_ilustre
LUGAR: Centro Social do Mar
HORARIO: 19.30 / 22.00 horas
PRECIO: 2.00 euros para socios / 4.00 euros para non socios

O Cineclub de Bueu proxectará o 1 de abril o filme "El ciudadano ilustre" en dobre sesión: ás 19.30 horas, versión dobrada, e as 22.00 horas, versión orixinal con subtítulos en castelán.
SINOPSE: É a historia dun escritor arxentino, Premio Nobel de Literatura, que fai corenta anos abandonou a súa vila e partiu cara Europa, onde triunfou escribindo sobre a súa localidade natal e os seus personaxes. No pico da súa carreira, o alcalde desa vila onde naceu convidao para nomealo "Cidadán Ilustre" do mesmo, e el decide cancelar a súa apretada axenda e aceptar o convite. 
 SALÓN DO LIBRO INFANTILE XUVENIL DE PONTEVEDRA
LUGAR: Pazo da Cultura de Pontevedra
DATA: ata o 2 de abril


The Sadies nas Matinés do Principal

Resultado de imagen de cartel sadies matines principal
LUGAR: Teatro Principal 
Rua Paio Gómez Charino, s/n 36002 - Pontevedra
Teléfono: 986 851 932
Web oficial
1 de Abril de 2017
14€ anticipada en Ataquilla / 16€ venda en billeteira Desconto do 50% para menores de 14 anos.
Horario: 12:00

CONCERTO JAVIER NAVAS QUARTET
Javier Navas Quartet
LUGAR: Pub Aturuxo de Bueu
DATA: Domingo 2 de abril, 21:00 h.

FESTAS DA RECONQUISTA EN VIGO
Resultado de imagen de cartel fiesta reconquista vigo 2017

Ningún comentario:

Publicar un comentario