mércores, 16 de setembro de 2026

Únete ao equipo de voluntariado da biblioteca!

A BiblioCarballeira abre unha nova convocatoria para incorporar alumnado ao equipo de voluntariado da biblioteca. Trátase dunha oportunidade para participar activamente na vida do centro, colaborar co funcionamento diario da biblioteca e contribuír a que continúe sendo un espazo acolledor e dinámico para toda a comunidade educativa.

🤝🤝As persoas voluntarias colaboran na atención da biblioteca durante os recreos, realizan préstamos e devolucións mediante Koha, axudan a compañeiros e compañeiras, comunican incidencias ao profesorado responsable e participan na organización das actividades que se desenvolven ao longo do curso.

🎀📜 Ademais da experiencia persoal e do traballo en equipo, o alumnado participante recibirá un diploma oficial da Xunta de Galicia como recoñecemento ao seu labor.

Se queres implicarte, aprender e axudar a que a biblioteca siga medrando, anímate a formar parte do equipo. Pequenas accións poden facer unha gran diferenza. 📚💙

Ningún comentario:

Publicar un comentario