Rss Feed
  1. Esta semana chegaron boas novas ao noso IES: soubemos que Óscar, alumno de 2.º Bacharelato, foi merecedor do primeiro premio na VI edición do concurso literario "Cambados, mar de letras", na categoría de poesía.

    Hoxe celebrouse, no salón de actos do IES Francisco Asorey de Cambados, a cerimonia de entrega de premios. Ata aló foi Óscar xunto cunha delegación do centro para darlle o seu apoio. E ben que fixo falla, que o trofeo pesaba un quintal!

    Cando xa estabamos alí as boas novas continuaron. Resulta que no momento no que se deron a coñecer os accésits, entre eles figuraba Iago, tamén alumno de 2.º Bacharelato no noso centro.

    Dende aquí, os nosos parabéns a ambos polo seu labor literario! E oxalá que continúen coa escrita, isto só debe servir coma un pulo para seguir desenvolvendo as súas dotes literarias.







  2. 0 comentarios:

    Publicar un comentario