23 de abril semella unha data calquera no calendario. Mais non. O 23 de abril conmemoramos o Día do Libro. É neste día cando demostramos que SÍ existen realidades paralelas, os nosos amados libros. Mochilas para gardar mundos, pano de bágoas para os días tristes, estoxo de gargalladas para os máis alegres e candea de esperanza para os escuros. Un libro é moito máis que un conxunto de páxinas con letra. É un universo por descubrir!
Por iso, dende a biblioteca do IES Johan Carballeira e o seu voluntariado, quixemos amosar ao resto de alumnado do instituto algúns dos nosos porta-mundos favoritos. Que problema atopamos? Que non somos quen de pórnos de acordo cos mellores! Daquela, convertemos esta actividade nun duelo de libros!
E ti de que libro ves sendo? foi a loita que libramos, por estacións, as diferentes voluntarias para facernos co título de mellor libro. Cada quen escolleu ós seus cabalos de batalla, preparou os seus argumentos e presentou os seus libros ao resto do alumnado. Tras o debate, as espectadoras decidiron o libro gañador e aportaron o seu voto engadindo unha imaxe da portada á sección reservada para cada un dos libros no taboleiro de cortiza na entrada. Os guerreiros e guerreiras que se retaron foron:
Martiño con El niño con el pijama de rayas contra Xandre con Matar a un ruiseñor
Helena con Diario de Ana Frank contra Carmen con Invisibles (1º ciclo da ESO) e A 667 km de casa (2º ciclo da ESO).
Marina con La tierra de los papas (1º ciclo da ESO) e Ollos de auga (2º ciclo da ESO) contra Cris con Asesinato de la profesora de lengua (1ºciclo da ESO) e El rostro de la sombra (2º ciclo da ESO).
Aitor con Mecanoscrito de segunda orixe (1º ciclo da ESO) e El rostro de la sombra (2º ciclo da ESO) contra Héctor con El príncipe de la niebla (1ºciclo da ESO) e Infamia (2º ciclo da ESO) e Giovanna con El sueño de Berlín (1º ciclo da ESO) e Verdad (2ºciclo da ESO).
Sara con Dragal (1º ciclo da ESO) e Marina (2º ciclo da ESO) contra Paula con La clave secreta del universo (1ºciclo da ESO) e El palacio de medianoche (2º ciclo da ESO).
Iria con Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (1º ciclo da ESO) e Cometas en el cielo (2º ciclo da ESO) contra Alba con El rostro de la sombra (1ºciclo da ESO) e Mentira (2º ciclo da ESO) e Antía con La lección de August (1º ciclo da ESO) e Diez Negritos (2º ciclo da ESO).
A maiores, preparamos un photocall cos libros favoritos das profes que participan na biblioteca. As rapazas e rapaces tiraron fotos en grupo, solitario, por parellas... e saíron de volta a clase con novos libros e autores bulindo na testa!
Coa loita rematada, a bandeira branca izada e as forzas esgotadas de tanta defensa, firmamos o pacto de paz ata o próximo ano. Se algo temos claro (ademais de que as nosas obras son as gañadoras, por suposto) é que os libros son un verdadeiro mundo que merecen, sexa cal sexa, un espazo para gozalos todos os días.
Queredes saber o simbólico gañador desta paculiar liorta? El niño con el pijama de rayas cun total de 58 puntos!
Antía Novas Arribas (1º BACHARELATO A)
0 comentarios:
Publicar un comentario