xoves, 10 de decembro de 2020
VISITA DE EVA MEJUTO AO NOSO CENTRO
O 23 de novembro pola tarde visitounos a escritora Eva Mejuto, que co seu libro nos chegou ao corazón. Explicounos como escribiu a súa creación e o traballo que dá. Foi unha parrafada moi interesante e amena. Ao final despedímonos dela e agradecemos que viñese.
Martín Fernández Leal 3ºA
Eva Mejuto é unha escritora de cabelo non moi longo, liso e marrón, tirando a louro, de estatura media e con lentes. Escribiu libros como A casa da mosca chosca, Tres desexos...
22 segundos foi o libro sobre o que tivemos a charla o alumnado de terceiro de 3º ESO A e B. Fixemos preguntas de todo tipo e respondeunos a todas. Ás veces parecía quedar sen palabras ante tanta participación, pero ela conseguiu seguir respondendo. Contounos, entre outras cousas, que o portada do libro é unha foto do seu amigo Adrián e a súa importancia na historia do libro. Tamén nos contou que creou o avó coma o avó que lle gustaría ter, xa que non coñeceu aos seu avós. Fíxose curta a charla.
Miguel Peixoto Riobó 3ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario