-
VISITA DE EVA MEJUTO AO NOSO CENTRO
xoves, 10 de decembro de 2020
O 23 de novembro pola tarde visitounos a escritora Eva Mejuto, que co seu libro nos chegou ao corazón. Explicounos como escribiu a súa creación e o traballo que dá. Foi unha parrafada moi interesante e amena. Ao final despedímonos dela e agradecemos que viñese. Martín Fernández Leal 3ºA Eva Mejuto é unha escritora de cabelo non moi longo, liso e marrón, tirando a louro, de estatura media e con lentes. Escribiu libros como A casa da mosca chosca, Tres desexos... 22 segundos foi o libro sobre o que tivemos a charla o alumnado de terceiro de 3º ESO A e B. Fixemos preguntas de todo tipo e respondeunos a todas. Ás veces parecía quedar sen palabras ante tanta participación, pero ela conseguiu seguir respondendo. Contounos, entre outras cousas, que o portada do libro é unha foto do seu amigo Adrián e a súa importancia na historia do libro. Tamén nos contou que creou o avó coma o avó que lle gustaría ter, xa que non coñeceu aos seu avós. Fíxose curta a charla. Miguel Peixoto Riobó 3ºBPublicado por Lucía ás 17:41:00 | Etiquetas: 22 segundos, Bibliocarballeira, BIBLIOTECA ESCOLAR, Departamento Lingua e Literatura Galega., Eva Mejuto, IES Johan Carballeira | Enviar por correo electrónico BlogThis! Compartir en Twitter Compartir en Facebook |
0 comentarios:
Publicar un comentario