mércores, 2 de decembro de 2020

25 de novembro de 2020

 

Neste atípico ano, a pandemia privounos de moito, desde experiencias ata persoas... pero nós mantivemos o noso espírito e esencia revolucionarios e loitadores, que non deixaron indiferente a ninguén este 25 de novembro. Desde o equipo do voluntariado da biblioteca presenciamos a unión de todo o alumnado do noso instituto baixo unha nobre causa, a loita contra a violencia de xénero. Vídeos, pancartas, debuxos, exposicións, recreacións das que diferentes grupos do centro son partícipes, tanto o alumnado da ESO e Bacharelato, como o estudantado de ciclos e FP. 

Pola nosa banda, o voluntariado decidiu facer un gran cartel baixo a misiva "NON É NON" e varios vídeos conmemorativos, con motivo desta data, con mensaxes de apoio e recomendacións de lecturas feministas. Ditas lecturas foron expostas na entrada, para amosar como a literatura tamén conforma parte desta pugna por acadar a igualdade. Non queremos nin unha menos, nin golpes que doan, nin verbas que firan. O machismo e a violencia non son unha opinión, pois a igualdade e a xustiza non se negocian. 

Antía Novas Arribas. 1º bacharelato A.







Ningún comentario:

Publicar un comentario