O pasado mércores 21 de outubro visitou o noso centro o poeta galego Carlos Negro, un magnífico escritor que a través de diversos poemas nos fixo sentir o que a el lle transmite a poesía. O alumnado de 4º da ESO tivo a oportunidade de gozar deste encontro e de coñecer con profundidade a orixe e as ideas que levaron ao autor a escribir Aplicación Instantánea, unha lectura proposta dende o Departamento de Lingua Galega co fin de que agromasen sentimentos e que os discentes se achegasen á poesía dun xeito entretido.
Carlos Negro fíxonos comprender que mediante a poesía se poden expresar emocións ou formas de pensar que non somos capaces de explicar con facilidade, e por outro lado que un poema non ten por que ser interpretado da mesma maneira polos demais lectores. Estas e moitas outras ideas, as declamacións dos poemas e a ilusión e vivacidade que transmite o poeta fixeron deste encontro unha experiencia enriquecedora.
Carmen Castro Recamán.
4º ESO A.
0 comentarios:
Publicar un comentario