xoves, 13 de febreiro de 2020
Día da nena e a muller na ciencia no Johan Carballeira.
Co gallo do día da muller e da nena na ciencia, no instituto fixemos unha serie de actividades para celebralo. Por unha banda, montamos un pequeno stand con libros científicos escritos por mulleres. Tamén fixemos unha exposición do cómic "Mulleres científicas" e o alumnado de 1º da ESO fixo unha recompilación de mulleres científicas galegas, algunhas moi próximas xa que eran familiares do propio alumnado e, polo tanto, veciñas de Bueu. Por outra banda, a alumna de 2º da ESO Zaira Dios Piñeiro participou no III Concurso de cómics do IFCA.
Moitas grazas ao alumnado e profesorado implicado. Vivan as mulleres científicas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario