Tensi Gesteira, a nosa colaboradora e a persoa que está detrás do galardoado blog "Lecturafilia", non quixo perder a cita para presentar á nosa convidada e compartir ese momento connosco.
Ademais do alumnado de primeiro, e o de segundo e terceiro do Club de Lectura, estivo connosco a rapazada do CEIP Montemogos, que veu con moitas ganas de participar e non deixou de facerlle preguntas a Ledicia.
Ledicia fíxonos rir, contounos anécdotas da súa vida, explicounos por que son como son algúns dos seus personaxes, aconsellounos que facer para chegar a escribir un libro e sobre todo, conseguiu que o tempo pasara voando do ben que o pasamos.
Sabiamos que ela era "Cortalumes", e como moitos de nós tamén o somos, aproveitamos para entregar os diplomas ao alumnado que acredita o seu compromiso cos nosos montes.
Preme e verás e que consiste o noso compromiso.
Por suposto, convidamos a Ledicia á nosa II Feira da Ciencia e Literatura, pois este ano, unha das súas obras volve a estar presente nela. E todos vós, xa sabedes, facede oco nas axendas para o 4 de maio!
Ningún comentario:
Publicar un comentario