Rss Feed
  1. 30 DE XANEIRO. DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

    mércores, 30 de xaneiro de 2019

    Dende 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO dende 1993.

    Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a Non Violencia e a Paz.

    O lema deste día é: 

    "Amor universal, non-violencia e paz. O amor universal é mellor que o egoísmo, a non-violencia é mellor que a violencia e a paz é mellor que a guerra."

    Dende o IES Johan Carballeira quixemos conmemorar este día facendo unha serie de actividades. Para iso, contamos coa colaboración do alumando de 6º de primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra.

    Mulleres premio Nobel da Paz. O noso alumnado de 1º ESO e o alumnado do CEIP A Pedra traballaron na biblio para elaborar os paneis sobre as mulleres que ata o de agora gañaron o Premio Nobel da Paz.


    O resultado deste traballo conxunto podémolo ver no primeiro andar do noso centro, onde o alumnado de 1º ten as súas aulas. Velaquí o resultado:


    A paz nas túas mans. O noso alumnado de 1º e o alumnado de 6º do CEIP A Pedra deixaron as súas pegadas no taboleiro da entrada.


    Frases para reflexionar. Dende o EDLG prepararon un vídeo con frases para reflexionar sobre este día, que visionamos na tele da entrada e que tamén puido ver todo o alumnado do centro durante o recreo.


    En definitiva, un día moi agradable para todos e todas. Grazas por participar!!


  2. 0 comentarios:

    Publicar un comentario