luns, 16 de outubro de 2017

Mes da Ciencia




 Resultado de imagen de merino mes da ciencia en galego




O home ao que se dedica o Día da Ciencia deste ano realizou un inxente labor científico tanto na Botánica como na Meteoroloxía.


Unha longa vida dedicada á ciencia


SE  QUERES SABER MÁIS SOBRE BALTASAR MERINO,  PINCHA NO ENLACE :
Merino, o científico galego 2017, nun audiovisual


 Desde o IES  Johan Carballeira  queremos celebrar  O mes da ciencia. Este é o noso programa : 


  • Taller destinado ao alumnado de 1º ESO :
                       PARQUES NATURAIS DE GALICIA 
Charla impartida por Adrián Lamosa 







 









Exposición PARQUES NATURAIS DE GALICIA( Realizada por VBE)


Charla sobre Materiais intelixentes 
impartida por Marta  Cabeza 




  • Exposición ciencia e refuxiados .


 A exposición pretende dar a coñecer os científicos e científicas exiliados, así como as súas aportacións á ciencia universal e á sociedade. Todo isto a través dun percorrido histórico cun enfoque artístico que parte da Guerra Civil española ata a Segunda Guerra Mundial, sen deixar de reflexionar sobre a época actual. 
Miles de persoas foxen da guerra, de gobernos opresores e da miseria nos nosos días. Moitas outras durante o século XX escapan da represión. Algúns dos refuxiados de entón eran científicos que puideron seguir investigando grazas aos seus países de acollida, como Albert Einstein, Lise Meitner ou Severo Ochoa.


























  • Ciencia na Rúa.

Nesta ocasión, son os mozos e mozas de 2º de ESO e 3º PMAR os que comparten con nós o seu traballo Ciencia na Rúa, realizado seguindo as propostas da súa profesora Sonia Ríos dende o 
Trátase dun estudo moi completo que inclúe:

- Unha colección de fotografías tomadas nas rúas de Bueu co obxectivo de visibilizar a presenza dos fenómenos físicos e químicos na vila.

- Medicións sobre o impacto medioambiental da actividade humana en Bueu.

-Unha interesante entrevista ao concelleiro de Medio Ambiente.

Como seguro que queredes saber máis, velaí tedes o enlace ás explicacións detalladas na correspondente entrada do blogue do departamento de Física e Química:






Ningún comentario:

Publicar un comentario