martes, 27 de setembro de 2022

Os nenos da varíola no Proxecto Competencial

Na materia Proxecto Competencial, o alumnado de 1.º ESO A utilizou proveitosamente o espazo que ofrece a nosa biblioteca. Levaron a cabo, na mañá de hoxe, a scape room 'Feito na casa', no transcurso da cal tiñan que atopar varios exemplares do libro 'Os nenos da varíola'.

Sabes quen escribiu ese libro? Coñeces a interesantísima historia que nel se conta? Algunha vez escoitaches falar de Isabel Zendal?

Se a túa resposta ás anteriores preguntas é que non... deixa de esperar, acode á biblioteca para pedir o libro en préstamo e mergúllate neste fascinante relato.








martes, 13 de setembro de 2022

Con azos renovados


Chega un novo setembro, e a biblioteca do IES Johan de Carballeira está de volta. Xa estamos comezando a pensar nas actividades que se celebrarán este curso.

Coma sempre, a biblioteca pode ser o teu espazo de referencia: un lugar aberto a todas para ler, para compartir, para aprender.

Lembra que nos podes seguir en Instagram, e tamén podes consultar unha presentación da biblioteca na páxina web do noso centro