Rss Feed
  1. O noso proxecto Entre Rúas está a piques de rematar, e con el un curso ateigado de aprendizaxes inesquecibles e cheo de interesantes achados ao redor da nosa vila.

    Nesta ocasión, son os mozos e mozas de 2º de ESO e 3º PMAR os que comparten con nós o seu traballo Ciencia na Rúa, realizado seguindo as propostas da súa profesora Sonia Ríos dende o departamento de Física e Química.

    Trátase dun estudo moi completo que inclúe:

    - Unha colección de fotografías tomadas nas rúas de Bueu co obxectivo de visibilizar a presenza dos fenómenos físicos e químicos na vila.

    - Medicións sobre o impacto medioambiental da actividade humana en Bueu.

    -Unha interesante entrevista ao concelleiro de Medio Ambiente.

    Como seguro que queredes saber máis, velaí tedes o enlace ás explicacións detalladas na correspondente entrada do blogue do departamento de Física e Química:

    Reacciones: 
    |
    |


  2. 0 comentarios:

    Publicar un comentario